A Portada publicado por

«Cidade de cristal», a adaptación a bd da novela de Paul Auster, no Lecturas Debuxadas deste mes

«Cidade de cristal», a adaptación a bd da novela de Paul Auster, no Lecturas Debuxadas deste mes

O martes día 15 de decembro ten lugar na Biblioteca de Gondomar a sesión mensual do Club Lecturas Debuxadas, na que comentaremos “Cidade de cristal“, de Paul Auster, adaptada por Paul Karasik e David Mazzucchelli (versión galega de Xavier Queipo). A sesión comeza ás oito da tarde.

No Lecturas Debuxadas do 17 de novembro xuntámonos para comentar a obra de Jason “ Yo maté a Adolf Hitler”. Un cómic na liña ben persoal e orixinal do autor noruegués, co seu distintivo estilo gráfico e narrativo, moi simple e claro no debuxo, contido nas expresións pero enormemente efectivo.Na charla falamos da sorpresa que foi a obra en xeral, das figuras históricas como personaxes icónicas, e das consideracións éticas das eleccións e nas sociedades. Estas son as imaxes dese día:

Facebook Twitter Digg Email

1 Comment