A Portada publicado por

A escritora Rosalía Fernández Rial para pechar a tempada do Sete Vidas

A escritora Rosalía Fernández Rial para pechar a tempada do Sete Vidas

O xoves 7 de xuño o club de lectura Sete Vidas pecha a tempada falando da obra «Bonus Track», de Rosalía Fernández Rial. Será na Casa da Lectura a partir das 20:00 h. A partir das 21:00 estará con nós a autora.
Rosalía Fernández Rial é coñecida, sobre todo, como poeta, a través de varias publicacións que apuntan cara á multidisciplinariedade, e tamén como performer. Esta é a súa primeira obra narrativa: 22 relatos nos que a autora introduce na súa trama, en practicamente todos, un tema musical; relatos nos que a música é tamén protagonista, relatos tecidos con letras de cancións e co lirismo propio dela.
“E as letras das cancións son ou non literatura?”, di como advertencia na cita introdutoria. Responderá brevemente Bob Dylan; e a seguir os relatos de Rosalía. Así, ao longo do libro, p