A Portada publicado por

O Sete Vidas pecha tempada coa lectura de «As Ramonas», de Ana Cabaleiro

O Sete Vidas pecha tempada coa lectura de «As Ramonas», de Ana Cabaleiro
Este xoves 6 de xuño o Sete Vidas pecha a tempada con “As Ramonas” de Ana Cabaleiro, ás 20:00 na Casa da Lectura. Contaremos coa presenza da autora.

As Ramonas” é unha historia de mulleres protagonizada por Mona Otero, unha artista que está a atravesar unha crise persoal e profesional, cando perde o carnet de conducir e pasa a depender doutras persoas para trasladarse.

O pasado día 4 de maio xuntámonos os membros do Sete Vidas, na Casa da Lectura, arredor do texto teatral “Eroski Paraíso” da compañía Chévere, editado por Kalandraka.

Nesta ocasión o noso convidado Xesús Ron, director da obra e cofundador de Chévere, acompañounos durante toda a sesión e con el tratamos moitos e interesantes temas: a obra, o teatro galego ou a extensa e fructífera carreira da súa compañía, que leva máis de 30 anos como compañía independente , e recibiu o Premio Nacional de Teatro en 2014.

Eroski Paraíso” percorreu todo o estado agás Cataluña e Canarias, con máis de 50 funcións fóra de Galicia. Partindo do local, esta obra abrangue conceptos universais como a memoria colectiva, a transformación da sociedade, a emigración e a identidade.

Estas son as fotos da sesión:

Sete Vidas 02/05/2019

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com