Este mércores a Casa da Lectura recibe unha representación do profesorado do CEIP Souto Donas de Gondomar, que fará unha reflexión sobre a problemática situación ambiental que a acción humana ten xerado.
Será a través da lectura de “A casa da duna” (Ed. Xerais), “Nunca máis” e “Soldadiño de chumbo” (Ed. Kalandraka).
Convidarannos a reclamar a necesidade de REDUCIR, plasmándoo nunha pancarta colectiva.
E tamén nos darán a coñecer o novo álbum-disco de María Fumaça: “O veleiro verde” (Ed. Galaxia)

A casa da duna

O veleiro verde

Soldadiño de chumbo

 

 

 

 

 

 

 

As fotos da última sesión:
Casa da Lectura 2020-02-19