Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Do 4 ao 31 de marzo de 2012 desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

Durante este mes, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle exposicións, obradoiros e múltiples actividades para todos os públicos relacionadas co libro e a literatura infantil e xuvenil que inclúen espectáculos, música, conferencias… Pódese consultar o programa completo, día a día, aquí.
O tema deste ano é 12 +1. O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *