30620547377_d6354f9892_k

Club de lectura feminista
Data: sen periodicidade fixa. Unha media de dúas xuntanzas por trimestre
Hora: variable
Lugar: Distintos lugares de Gondomar, coa Casa de Lectura como referencia.
Coordinación do club: Ángeles Ceballos, Eli Suárez, Marina Vicente e Xiana Vilar

 

No mes de outubro de 2018 Espazo Lectura botou a andar un novo club centrado na lectura e comentario de obras de diferentes xéneros dende un punto de vista feminista. O nome escollido foi «Daquelas que Len», en homenaxe aos coñecidos versos de Rosalía de Castro «Daquelas que cantan as pombas i as frores / todos din que teñen alma de muller./ Pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma, / ¡ai!, ¿de qué a teréi?».

As xuntanzas do club, que adoitan ser na Casa da Lectura, non teñen unha periodicidade fixa e convócanse a través da páxina de Espazo Lectura. A participación é libre e as persoas interesadas en recibir información máis detallada poden poñerse en contacto coa asociación a través do correo electrónico: espazolectura@gmail.com



30996466757_71a1553d37_k 45211254874_6b37be4a75_k