A actriz e contadora Charo Pita visita Contos en Cueiros co seu espectáculo “Triquitraque Traquetriqui”

Abrimos o prazo de inscrición para a próxima sesión de Contos en Cueiros, que será o venres 19 de decembro, ás 18:00 horas, na Biblioteca de Gondomar. Nesta ocasión, contaremos cunha visita especial, a actriz, contadora e escritora Charo Pita, que nos traerá o seu espectáculo de contos para bebés TRIQUITRAQUE TRAQUETRIQUI.

Disponse dun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com (ou responder este) e facilitar:

  • o nome do bebé
  • o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2012 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as, cómpre indicalo

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: xoves 18 de decembro ás 12:00 h do mediodía.

Deseguido deixamos unha galería de imaxes do anterior encontro, onde desfrutamos do conto sensorial “Bos días! Boas noites!”