A adaptación de Romeo e Xulieta a banda deseñada, no Lecturas Debuxadas de novembro

O martes 19 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a sesión mensual do club de cómic Lecturas Debuxadas que estará dedicada a comentar Romeo y Julieta, de Gianni de Luca e William Shakespeare (001 Ediciones).

Romeo y Julieta é a segunda entrega dunha de óbras cimeiras da historieta europea: a triloxía de adaptacións de Shakespeare ilustrada por Gianni De Luca, que pola súa orixinalidade e atrevemento gráfico, está considerada como unha das máis xeniais achegas ao medio de toda a historia. Xunto coa adaptación de Hamlet e A tempestade, Gianni adapta Romeo e Xulieta: a máis tráxica e soada historia de amor da literatura como nunca antes fora narrada.

Gianni De Luca constitúe un dos autores clave do cómic europeo, en xeral, e italiano, en particular. Sen algunhas das súas obras, como a serie O comisario Spada ou as adaptacións de Shakespeare é imposible entender a evolución do cómic como linguaxe.

No mes de outubro tivemos un agardado encontro con Miguelanxo Prado para falar das dúas últimas obras del lidas no club: Ardalén e Trazo de xiz. Estas son as imaxes dese día.