A Portada publicado por

A biblioteca da Casa da Lectura chega aos 2.000 títulos e incrementa o servizo de préstamo

A biblioteca da Casa da Lectura chega aos 2.000 títulos e incrementa o servizo de préstamo

Espazo Lectura comeza o 2015 cunha boa nova: a biblioteca da Casa da Lectura (integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia a través do programa Meiga de xestión bibliotecaria) acaba de superar os 2.000 exemplares. Para Espazo Lectura é unha satisfacción poñer estes fondos a disposición de todas as persoas que se achegan os mércores á tarde ata Donas e que fan que o servizo de préstamo medre tamén cada ano, vivíndose na tempada 2013-2014 un incremento de máis dun 40% respecto da tempada anterior. Arredor dun 90% dos préstamos corresponden aos fondos de literatura infantil, xa que os principais usuarios da biblioteca son os nenos e nenas que asisten cada mércores ás actividades de dinamización lectora que se realizan na Casa da Lectura. Os fondos da Casa da Lectura utilízanse tamén en todas as actividades de fomento da lectura que organiza a asociación, o que permite levar a cabo un importante e necesario labor de difusión da produción do rico mercado editorial galego.

CdL 3-12-14Nese sentido, desde Espazo Lectura queremos agradecer o seu apoio e colaboración a todas as editoriais que se foron sumando ao noso proxecto como socias protectoras desde o ano 2009, data na que se inaugurou a Casa da Lectura como biblioteca e como espazo de dinamización lectora, aberto todos os mércores de 17:30h a 19:30h.

 

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura