A Casa da Lectura acolle este venres o primeiro encontro de Contos en Cueiros da tempada

O venres 27 de outubro comezan as sesións con bebés de Contos en Cueiros, a actividade de Espazo Lectura que busca achegar os libros e a lectura aos bebés de ata 3 anos. Na sesión coñecerémonos, presentaremos os materiais específicos para este treito de idade que están dispoñibles na Casa da Lectura para préstamo e leremos algún contiño. A cita será ás 18:00 horas na Casa da Lectura.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2015 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES anterior á sesión ás 12:00 h do mediodía.

Un comentario

Os comentarios están cerrados.