A Casa da Lectura celebra este mércores a sesión especial de peche de tempada

Este mércores 7 de xuño, a Casa da Lectura acollerá a sesión de peche de tempada 2016-2017 e para iso, o equipo coordinador da Casa da Lectura ten preparada unha actividade lúdica cos contos como protagonitas.

A sesión comeza ás 18:00 horas.

O mércores 31 de maio a Casa da Lectura de Donas ofreceu unha sesión moi especial de contos e música a cargo de profesorado e alumnado do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar, a quen dende Espazo Lectura queremos transmitirlles o noso máis fondo agradecemento.
Foi o propio profesorado do centro o que fixo a lectura dos contos acompañado por algúns dos seus alumnos e alumnas que tocaron magnificamente os instrumentos que están estudando no Conservatorio municipal. Unha das pezas interpretadas foi composta por un profesor do conservatorio especialmente para a ocasión e, polo tanto, foi estreada na Casa da Lectura. Ademais, antes de comezar, fíxose o primeiro anuncio da saída do libro-disco de A Banda dos Cueiros.
Aquí se poden ver as fotos dunha tarde marabillosa: https://goo.gl/photos/U5LpMvMCnqgwV3ny6