Casa da Lectura publicado por

A Casa da Lectura énchese de nenos e nenas coa visita de María Lado

A Casa da Lectura énchese de nenos e nenas coa visita de María Lado

Máis de 50 nenos e nenas achegáronse á Casa da Lectura acompañados de cadanseus pais e nais para escoitar o conto da ovella Engracia, unha ovella algo lacazana e medosa que un día se decata de que non hai lúa no ceo e decide marchar da casa para ver de atopala… No camiño vai encontrarse cunha curuxa, cun grilo, cun xabaril, cun caranguexo e… co lobo!
Cando volve á casa dáse de conta de que durante a viaxe fixera amigos e coñecera moitas cousas novas, e aprende que non hai por que ter tanto medo e que o mellor de vivir aventuras é poder logo contalas.

Ao acabar o conto que nos trouxo María Lado, como despedida, Trini, Luís e Irene, de Espazo Lectura, cantaron cos pequenos a canción da Casa da Lectura que di que “a Casa da Lectura, é unha aventura!”

Velaquí varias fotos da sesión:

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura