Casa da Lectura publicado por

A Casa da Lectura encheuse de animais imaxinarios

A Casa da Lectura encheuse de animais imaxinarios

Na actividade deste mércores, a Casa da Lectura estivo habitada por unha chea de animais imaxinarios. Comezamos a sesión buscando entre as páxinas dun conto o escondite do Ziezozaurus, un dinosauro grandullón ao que lle gusta moito xogar ás agachadas.
Despois, coa axuda do libro Imaxina animais, soubemos que moitos dos obxectos que temos nas nosas casas en realidade son animais imaxinarios e que existen tantos como a nosa imaxinación sexa capaz de crear.
Por exemplo, soubemos que as fregonas non son fregonas, senón unha clase de polbos; que os abrelatas en realidade son tiburóns e se chaman tibulatas; que os plátanos, mellor dito, os platafiños, son un tipo de golfiños, ou que as cremalleiras dos nosos pantalóns son serpes: as serpelleiras
Para rematar, creamos o noso animal imaxinario: cunha pinza da roupa, un clip e unha cartolina fixemos bolboretas que tiveron moitos nomes: pinzareta, pinzabolboreta, pinzaflor, bolborroupa

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura