A Portada publicado por

A Casa da Lectura inaugura a nova tempada de actividades co espectáculo musical “Brinca vai!”

A Casa da Lectura inaugura a nova tempada de actividades co espectáculo musical “Brinca vai!”

A nova tempada de Espazo Lectura está a piques de comezar e a primeira actividade terá lugar o mércores 1 de outubro ás 18:00h, na Casa da Lectura, cando se inaugurarán as sesións semanais de dinamización lectora da tempada 2014-2015 cun espectáculo de luxo: a presentación do libro-disco Brinca vai! de Paco Nogueiras (ed. Kalandraka). Será unha sesión de cancións, música e moito humor.

Os mércores da Casa da Lectura é unha actividade de dinamización lectora dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos. Cada mércores ofrécese unha proposta lectora diferente que nos permite unha inmersión en todos os aspectos do libro e da linguaxe a través do texto e da ilustración, e a experimentación das súas posibilidades sonoras e artísticas, abrindo canles de transferencia dunhas linguaxes a outras.

 

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura