A Casa da Lectura inicia as actividades de 2012 falando das estacións

Na sesión de dinamización lectora deste mércores 11 de xaneiro na Casa da Lectura falaremos do ciclo das estacións a través de contos e cancións. Será, coma sempre, a partir das 18.30 horas.
Do libro-disco Xa me tardan estes magos de Mamacabra (Galaxia, 2011) escoitaremos a canción “Panxoliña para todo o ano”, e veremos como mudan as paisaxes cos contos As estacións (Kalandraka) e a serie “A toupiña” da editorial Patasdepeixe: A toupiña na primavera, A Toupiña no verán, A topiña e o outono e A toupiña e o inverno.

A última sesión do ano 2011 foi moi especial, porque recibimos a visita do Apalpador da man da compañía Barafunda Animación. Estas son imaxes dese día.

 

  

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *