A Casa da Lectura inicia tempada cunha sesión especial a cargo de Charo Pita

O mércores 7 de outubro, ás 18:00 horas, a Casa da Lectura inicia tempada cunha sesión especial que correrá a cargo da actriz e contacontos Charo Pita, destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias.

A partir dese día, todos os mércores a Casa da Lectura acollerá á mesma hora unha sesión de dinamización lectora diferente, ademais de ter as portas abertas para atender o servizo de préstamo bibliotecario dende as 17:30 horas.