Casa da Lectura publicado por

A Casa da Lectura, o espazo sideral dos contos e dos soños

A Casa da Lectura, o espazo sideral dos contos e dos soños

Tras a magnífica inauguración do mércores pasado acompañados de Cé Orquestra Pantasma, a Casa da Lectura inicia unha nova viaxe que nos levará a atravesar o espazo sidera dos contos e dos soños.

O mércores 9 de outubro, os nenos e nenas que se animen a viaxar con nós, recibirán o seu pasaporte lector da nova tempada que estrearemos cos contos Paco, A viaxe de Olaf e Zoom.

Coma sempre, a Casa da Lectura estará aberta dende as 17:30 horas para consulta e préstamo de libros, e a sesión comezará ás 18:00 horas.

Esta é a galería de imaxes da actuación de Cé Orquestra Pantasma:

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura