A casa de había unha vez

O mércores 13 de marzo, o libro protagonista na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura vai ser  A casa de había unha vez (Xerais, 2008),  de Ana Mª Fernández. A partir do libro, compoñeremos a nosa propia versión de “Había unha vez” mediante un xogo de asociación de imaxes e palabras.

Non podedes perdelo, a actividade comeza ás 18:30 horas e ás 17:30 xa podedes ir pola Casa da Lectura para levar libros en préstamo.

Estas imaxes son da sesión do 6 de marzo, onde lemos e representamos o conto Avós.