A editorial Cuarto de Inverno, nova socia protectora de Espazo Lectura

Comprácenos anunciar a incorporación de Cuarto de Inverno como editorial socio protectora de Espazo Lectura.
Cuarto de Inverno é unha editorial independente con sede en Galicia que nace no ano 2019, na que ademais de publicar libros tamén axudan a escribilos, corrixilos, deseñalos…
No seu catálogo podemos atopar libros para público xuvenil, infantil e adulto, así como coñecer as diferentes autoras que publicaron as súas obras nesta coidadosa editorial.
Os socios protectores de Espazo Lectura son, segundo os propios estatutos da organización, “aquelas persoas físicas ou xurídicas que, a xuízo da Xunta Directiva, contribúen materialmente e de forma notable ao sostemento da asociación”. Cuarto de Inverno súmase así ás outras quince editorais que xa forman parte de Espazo Lectura, e entre os que se atopan tamén dezasete centros educativos do Val Miñor, dúas entidades culturais e unha libraría.
Novamente agradecemos o apoio a este proxecto.