A Portada publicado por

A escritora Sara Barreiro visita o Lendo Contigo deste mes

A escritora Sara Barreiro visita o Lendo Contigo deste mes

O vindeiro sábado 28 de novembro celebraremos unha nova sesión do club de lectura compartida Lendo Contigo, desta vez coa obra Vic e Bombona (Galaxia) e coa presenza da súa autora, Sara Barreiro. Será unha sesión chea de misterio e de sorpresas; coñeceremos aos protagonistas da historia? Non volo perdades e achegádevos á Biblioteca Municipal de Gondomar o sábado 28 de novembro ás 12:00 horas. Agardámosvos.

Na sesión do mes de outubro inauguramos a tempada do Lendo Contigo xunto coa escritora María Canosa e o seu Rubicundo. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura