A Portada publicado por

A Fogueira dos Versos, na noite de San Xoán, despide a tempada 13-14

A Fogueira dos Versos, na noite de San Xoán, despide a tempada 13-14

A noite do 23 de xuño a asociación Espazo Lectura celebrará, un ano máis, un san Xoán alternativo con A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración popular desta data (con comida e cacharela), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo cultural que este ano correrá a cargo de Luis Correa “Caruncho”, quen, acompañado da súa zanfona, interpretará un repertorio de música tradicional.

A Fogueira dos Versos celébrase na Casa da Lectura a partir das 21:00 horas. As persoas que se animen a participar poden contribuír á festa traendo das súas casas algo de comida.
Coa Fogueira dos Versos Espazo Lectura cerra unha nova tempada de actividades centradas no fomento do libro e a lectura en Gondomar. Unha tempada que, malia as dificultades do momento e grazas ao traballo voluntario das persoas que conforman a asociación, conseguiu manter o número de actividades estables.

Todas as actividades de Espazo Lectura retomaranse tras o verán.

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura