A historia de «Maruxa» na Casa da Lectura

A sesión de dinamización lectora do mércores 11 de marzo, na Casa da Lectura, estará dedicada á historia de Maruxa, de Eva Mejuto e Mafalda Milhoes.

Maruxa e Pepiño vivían na aldea.
Maruxa cosía, varría e labraba.
Pepiño cantaba, folgaba e durmía.
Mais un día…

Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.

A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo de libros. Estas son as fotos da sesión da semana pasada, na cal o elemento central de todas as historias foron as caixas.