A modernización da novela negra: Diego Ameixeiras no Sete Vidas de febreiro

Este martes, 4 de febreiro, celébrase a sesión mensual do club de lectura Sete Vidas coa presenza do escritor Diego Ameixeiras. A lectura recomendada para este mes é Matarte lentamente (Xerais 2013), a última novela do autor ourensán. A cita é na biblioteca de Gondomar ás 20:00 horas.

Na reunión de preferentistas o avogado explica aos afectados que as participacións preferentes son emisións perpetuas cuxo problema é a falta de liquidez inmediata. Dilles que estamos falando de produtos comercializados de xeito enganoso nun momento no que os bancos, durante os primeiros anos da crise, tentaron reforzar o seu capital indiscriminadamente. «Todo respondeu –continúa–, a unha estratexia planificada. A maioría de vostedes pensou que se lles estaba vendendo un prazo fixo, sen ningún tipo de risco. Pero non foi así». Unha voz crebada interrompe desde a porta ao avogado: «Aquí vai haber sangue.» Matarte lentamente consolida a liña de modernización radical da novela negra que Diego Ameixeiras abriu en novelas anteriores como Dime algo sucio, Historias de Oregón e Todo OK. Dosificación da información, economía expresiva, coidada estrutura de tramas e vidas que van encaixando coma un puzzle son características desta novela impactante e inesquecible que presenta con claridade problemas claves do noso tempo.

XG00218901

Na sesión do mes pasado, dedicada á lectura da novela Nada se esquece, tiráronse as seguintes imaxes: