A mosca da tele, protagonista do primeiro Lendo Contigo da tempada

A mosca da tele, protagonista do primeiro Lendo Contigo da tempada

Hai moscas que non se conforman con ser moscas e que, ademais, queren ser estrelas da televisión. A que non sabiades que hai unha mosca que se coa nos programas de máxima audiencia? Unha mosca á que lle gusta xogar cos convidados. Pero iso si, aos convidados da tele non lles gusta nada que a mosca os amole…

A lectura co que abriremos a tempada 2013-2014 do club de lectura compartida Lendo Contigo será A verdadeira historia da mosca da tele. María Solar, a autora deste conto, estará con nós na biblioteca de Gondomar para desvelarnos todos os segredos do libro.

A cita é o sábado 26 de outubro a partir das 12:00 horas, na biblioteca de Gondomar.

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura