A novela gráfica galardoada co Premio Castelao de Banda Deseñada 2017 estrea a tempada do club Lecturas Debuxadas

O próximo martes 16 de outubro celébrase a primeira sesión da tempada do Club Lecturas Debuxadas na que comentaremos O Corpo de Cristo, de Bea Lema, novela gráfica galardoada co XII Premio Castelao de Banda Deseñada.

Esta sesión será na Libraría Libraida, a partir das oito da tarde e nela manteremos un encontro online coa autora.

Para ir abrindo a curiosidade podedes escoitar a entrevista que emitiron no programa Diario Cultural: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-20-03-2018-3688225