A Portada publicado por

A obra de teatro “Glub-glub” (para nenos e nenas a partir de 6 meses), o domingo en Gondomar

A obra de teatro “Glub-glub” (para nenos e nenas a partir de 6 meses), o domingo en Gondomar

O Concello de Gondomar e a actividade Contos en Cuieiros de Espazo Lectura programan a obra de teatro para bebés “Glub-glub” da compañía Caramuxo Teatro, destinada a bebés de 6 meses a 3 anos e apta tamén para nenos e nenas maiores de 3.
O espectáculo será no Auditorio de Gondomar o domingo 6 de decembro. Haberá dous pases: un ás 17:30 e outro ás 18:30 horas. As entradas, a 2,50 euros, retíranse na taquilla do auditorio antes da actuación.

Caramuxo Teatro trae a Gondomar o primeiro espectáculo para bebés realizado en Galicia, onde se conta a historia de amizade entre un barquiño de papel afundido no mar e un peixe xoguetón chamado Glub Glub, unha montaxe chea de estímulos sonoros e visuais e cunha linguaxe sinxela, case xestual, que introduce os mais novos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade para gozar cos nenos e nenas da primeira experiencia no mundo do teatro.

Duración: 30 minutos.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura