A sesión do Lendo Contigo porá fin á IX Semana do Libro e a Lectura

O sábado 30 de abril o club de lectura compartida Lendo Contigo celebra a súa sesión mensual, que desta vez estará adicada ao teatro e que xirará en torno á obra As terapias da doutora Ledicia, de Raquel Castro. Contaremos coa presenza da autora e desfrutaremos do teatro con todos os nenos e nenas e as súas familias. Convidámosvos ao peche da IX Semana do Libro e a Lectura e a festexar o teatro na Biblioteca Municipal de Gondomar, o vindeiro día 30 ás 12:00 horas. Vémonos!

A sesión do mes pasado estivo dedicada á poesía, en concreto ao poemario Os soños na gaiola, de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano. Contamos coa presenza do escritor e compañeiro de Espazo Lectura, Fran Alonso, que realizou un fantástico espectáculo poético arredor da obra do autor da Terra Chá, cheo de maxia e música. Estas son as fotos dese día.