A Portada publicado por

“A tropa de trapo conta de novo”: profesorado do CEIP Chano Piñeiro visita o Contomar

“A tropa de trapo conta de novo”: profesorado do CEIP Chano Piñeiro visita o Contomar

No Contomar do luns 16 de marzo recibiremos a visita dun grupo de profes de infantil do CEIP Chano Piñeiro, socio protector de Espazo Lectura. Baixo o nome  A tropa de trapo conta de novo, lerannos os contos Perdido, Imos cazar un oso e As manoplas de Carapuchiña. A cita é ás 18:00 horas na Biblioteca de Gondomar.

Na sesión do luns 9 de marzo estivemos acompañados de 35 nenos e nenas coas súas familias. Entre eles, dúas nenas estaban de aniversario e celebraron con nós o seu cumprecontos: recibiron cadanseu marcapáxinas e cantamos para elas os parabéns. Os libros que se leron foron “Gatiño e a neve”, “Bailando nas nubes”, “Kofu e Pipu”, “A avoa adormecida” e “As xirafas non poden bailar”. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura