Achegámonos ao autismo a través dos contos, na Casa da Lectura

O próximo mércores, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura imos estrear contadora, Susana, que lerá e signará un precioso conto que nos achega á realidade do autismo: «Lila, la pequeña libélula». Na sesión tamén aprenderemos sobre a importancia dos pictogramas para a comunicación de moitas persoas e contaremos o clásico «A que sabe a Lúa» con apoiatura pictográfica.
A sesión comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
Deseguido deixamos as imaxes correspondentes á primeira sesión do ano 2019, celebrada o pasado 9 de xaneiro.

Casa da Lectura 2019-01-09