Adeus Contos en Cueiros; ola, Contomar!

O Contomar deste luns, 23 de maio, será moi especial porque recibirá a visita das coordinadoras de Contos en Cueiros e de moitos dos nenos e nenas que, logo de tres anos, a próxima tempada deixarán de asistir aos contacontos para bebés Contos en Cueiros, porque xa son mooooi maiores. A cita é na Biblioteca de Gondomar ás 18:00 horas.

Nesta sesión especial do Contomar, dedicada especialmente á nova fornada que se incorporá ás sesións do Contomar no próximo curso, pero aberta para todos os nenos e nenas que queiran achegarse coas súas familias, escoitaremos contos, cantaremos cancións e remataremos facendo unha foto para despedir á terceira promoción de cativos e cativas que pasaron por Contos en Cueiros.

Na anterior sesión do Contomar, arredor de 46 nenos e nenas foron á Biblioteca de Gondomar para disfrutar dunha sesión preparada polo equipo de mestres e mestras do Colexio Chano Piñeiro, que nos contaron unha morea de contos, entre les, “A cebra Camila”, “Os calzoncillos do oso branco”, “Chímpate Pepa”, “Shhh, temos un plan” ou “¿Unha ra?”. Estas son as imaxes dese día.