Casa da Lectura publicado por

Adiviñas e contos na Casa da Lectura

Adiviñas e contos na Casa da Lectura

Esta semana a Casa da Lectura ofrecerá unha sesión de dinamización que nos permitirá presentar os fondos da nosa biblioteca e a súa organización a través dun xogo de adiviñas no que poderán participar todos os nenos e nenas. Descubriremos así moitos contos e poemas que se atopan agochados nos andeis e que están a disposición dos usuarios da Casa da Lectura a través do servizo de préstamo. A sesión será ás 18:00h, novo horario desta tempada, aínda que a Casa da Lectura estará aberta xa desde as 17:30h.

Estas son as fotos tomadas na sesión do mércores pasado, cando viaxamos polo espazo e contruímos o pasaporte lector desta tempada.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura