A Portada publicado por

Afondamos na linguaxe do cómic, no primeiro Lecturas Debuxadas de 2015

Afondamos na linguaxe do cómic, no primeiro Lecturas Debuxadas de 2015
O martes día 20 de xaneiro ás 20:00 h, na Biblioteca de Gondomar, celébrase a sesión mensual do Club Lecturas Debuxadas, na que comentaremos Entender o cómic, de Scott McCloud (Riniceronte Editora).
Ao longo de 224 páxinas Scott McCloud emprende unha análise amena e profunda das características propias do cómic como linguaxe literaria. Este libro supuxo unha auténtica referencia no seu momento e segue constituíndo o primerio título da bibliografía de quen queira achegarse ao cómic, vinte anos despois da súa aparición.
entender-o-comic-1
Estas son algunhas imaxes da sesión de decembro do Lecturas Debuxadas, que consistiu nunha visita á escola de banda deseñada O Garaxe Hermético. A visita comezou cunha interesante charla de Kiko da Silva, o director da escola. Despois coñecemos as fermosas instalacións do centro. Ficamos moi agradecidos pola acollida.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura