A Portada publicado por

Alvarellos Editora, nova socia protectora de Espazo Lectura

Alvarellos Editora, nova socia protectora de Espazo Lectura

Dende Espazo Lectura damos a benvida e agradecemos a súa colaboración e compromiso co noso proxecto de dinamización lectora á editorial Alvarellos Editora, que se incorpora como socia-protectora da asociación.
Alvarellos Editora fundouse en 1977 e é unha das editoriais máis veteranas de Galicia. No seu catálogo podemos atopar obras de ensaio, poesía, obras de gastronomía, fotografía histórica ou obras inéditas ou esquecidas de grandes clásicos galegos.
Os socios protectores de Espazo Lectura son, segundo os propios estatutos da organización, “aquelas persoas físicas ou xurídicas que, a xuízo da Xunta Directiva, contribúen materialmente e de forma notable ao sostemento da asociación”. Alvarellos Editora súmase así a outras editoriais que xa forman parte de Espazo Lectura, entre as que se atopan outras catorce editoriais, dezasete centros educativos do Val Miñor, dúas entidades culturais e unha libraría.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com