Anémona de Río falará de «Tam» no Comando Le

Dentro da programación de actividades da Semana do Libro e a Lectura, este próximo sábado 28 de abril a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión do Comando Le, que contará coa presenza da autora e debuxante Anémona de Río, alter ego de Aldara Álvarez, quen conversará cos rapaces e rapazas sobre a súa obra «Tam», o primeiro manga galego, editado por Retranca Editora, que reflexiona con humor sobre o aspecto físico e a presión que exerce sobre as mulleres o mundo da moda.
Na segunda parte da sesión os comandoleiros e comandoleiras recibirán a visita dunha persoa da directiva de Espazo lectura que falará con eles da organización da Acampada Lectora 2018 e, finalmente, participarán nun obradoiro sobre autoestima. A sesión comezará ás 20:00h e haberá, como é habitual, unha pausa para unha cea compartida.

No encontro anterior, o Comando Le recibiu a visita do escritor Fran Alonso co seu espectáculo poético RevolucionARTE a versos. Aquí vos deixamos as imaxes desa sesión de marzo:

Comando Le 17/03/2017