A Portada publicado por

Anímaste a probar un anaco de lúa?, este mércores na Casa da Lectura

Anímaste a probar un anaco de lúa?, este mércores na Casa da Lectura

A que non sabes como sabe a lúa? Anímaste a probar un cacho? Ven á Casa da Lectura, á sesión de dinamización lectora deste mércores 24 de xaneiro, e pode que os animais que van estar alí compartan un anaco contigo. Escoitarás os contos “A que sabe a lúa” e “Paco”, e logo, no obradoiro, construirás o teu propio rato escalador.

A sesión da semana pasada correu a cargo de Eva, co seu pelo liso, e da “súa irmá xemelga”, de pelo rizado, que nos sorprendeu contando “Non quero ter o pelo rizo”. E cando xa pensabamos que Eva marchara, cun rápido movemento de pelo, alí apareceu para contarnos con moita graza “Grisela” e mais “Elmer”. Logo convidounos a facer o noso porpio Elmer con retallos de papel de cores; no seu reverso puxemos o lema: “Son diferente e iso faime única”. Finalmente plastificamos o resultado, recortamos e puxémoslle unha arandela de chaveiro: chulísimo! Estas son as imaxes da sesión:

Casa da Lectura, 2018/01/18

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura