Antón Cortizas participa este sábado no Lendo Contigo

Antón Cortizas participa este sábado no Lendo Contigo

O vindeiro sábado, 27 de marzo, ás 12:00 horas, na Biblioteca Pública, o escritor Antón Cortizas estará en Gondomar para participar nunha nova sesión do Club de Lectura Compartida Lendo Contigo, club destinado a nenos e nenas de 7 a 11 anos. O libro proposto nesta ocasión será Era unha vez na quimbamba, publicado pola editorial Tambre.

O libro
Era unha vez na quimbamba é un marabilloso libro de poemas no cal, en canto se pasa a primeira páxina, aparece outro mundo no que as situacións poden mudar por completo. Nese mundo, todos os personaxes navegan entre o real e o irreal: un home que nada na pota do caldo, un criador de perdices para namorados felices, un pescador de bañeira e esponxas…


O autor
Antón Cortizas naceu en Ferrol en 1954. Ademais de escritor é mestre. Ten unha extensa obra na que destacan Memorias dun río (premio Barco de Vapor 1988), O conto dos sete medos (premio Barco de Vapor 1991), Os gritos das illas Loberías (premio Barco de Vapor 1995), A merla de trapo (premio Merlín 2001) ou Chirlosmirlos (Enciclopedia dos xogos populares).

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com