Anxos Sumai visita o Sete Vidas coa súa novela “A lúa da colleita”

O martes 3 de xuño, ás 20:00h, na Biblioteca de Gondomar, remata a tempada 2013-2014 do Sete Vidas cun libro de Anxos Sumai, autora que ten un significado especial para o club de lectura porque cunha obra súa, en novembro de 2008, comezou esta viaxe pola lectura e a amizade no Sete vidas.
Daquela a lectura inaugural fora Así nacen as baleas, nesta ocasión Anxos Sumai estará na biblioteca a partir das nove da tarde para falar da súa novela A lúa da colleita coa lectores e lectoras que queiran acompañarnos.
a_lua_da_colleita
A lectura da que falamos no mes de maio foi Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo. Estas son algunhas imaxes dese día.