A Portada publicado por

“Aquel verano”, de Mariko Tamaki e Jillian Tamaki, no Leturas Debuxadas deste mes

“Aquel verano”, de Mariko Tamaki e  Jillian Tamaki, no Leturas Debuxadas deste mes

O martes 24 de maio celébrase a sesión mensual do club de cómic Lecturas Debuxadas. A obra sobre a que se vai xirar a sesión é “Aquel verano”, das autoras Mariko Tamaki e Jillian Tamaki, unha reflexión sobre o mundo adulto e as súas responsabilidades desde a perspectiva dunhas adolescentes.
A cita é na Biblioteca de Gondomar a partir das 20:00 horas.
Na sesión do mes abril no Lecturas Debuxadas comentamos “Dedalus en Compostela”, unha adaptación do relato de Vicente Risco da man de Fernando Iglesias, Kohell. Partindo dun relato complexo, abondoso en referencias e moi baseado na obra e na figura de James Joyce, Kohell é capaz de levarnos polas rúas de Compostela nun paseo que mantén a nosa atención grazas a un debuxo excelente, un grande apoio na documentación visual e unha narración moi axeitada ao relato. Na segunda hora acompañounos o propio autor, Fernando Iglesias, que nos falou de como naceu o proxecto desta BD, do seu traballo na escola de banda deseñada O Garaxe Hermético, de Pontevedra, e sobre a esperada nova edición de “Impresiones de la Isla”. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura