A Portada publicado por

Arranca a tempada do Lecturas Debuxadas

Arranca a tempada do Lecturas Debuxadas

O próximo mércores 21 de outubro o cómic proposto no Club Lecturas Debuxadas é Subnormal, de Fernando Llor e Miguel Porto, a historia real de bullying que sufriu o xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta. Acudirán os autores para ter unha charla sobre o seu traballo.

Este curso, o Club Lecturas Debuxadas cambia de día habitual, pasando a ser o terceiro mércores de mes.

Para cumprir coas medidas tomadas pola Xunta na orde do 14 de outubro temos que limitar a asistencia ata un aforo máximo de 10 persoas, polo que se abre un período de tempo para apuntarse ao Lecturas Debuxadas do día 21 de outubro, onde se atenderá de maneira rigorosa á orde de inscrición, tendo prioridade @s soci@s de Espazo Lectura.

O período de inscrición rematará o martes 20 de outubro, ás 18:00h, e ese mesmo día notificarase aos participantes a súa asistencia. Para inscribirse, hai que enviar un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com, indicando o nome completo.

O club de lectura será no Centro Neural de Gondomar, ás 20:00h, e haberá que acudir con máscara e mantendo as distancias de seguridade.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com