A Portada publicado por

Arranca unha nova tempada no Contomar

Arranca unha nova tempada no Contomar

As sesións de contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos que Espazo Lectura celebra todos os luns na Biblioteca Municipal de Gondomar inaugurará a tempada 2014-2015 o luns 6 de outubro, ás 18:00 h, na Biblioteca de Gondomar.

Un ano máis, cun grupo aberto e diverso de nais e pais, queremos crear un espazo de encontro dos nenos e nenas cos libros e a lectura a partir de dous piares fundamentais: as familias (son as propias nais e pais dos nenos asistentes os que preparan e contan as historias) e a biblioteca (as sesións realízanse sempre na Biblioteca Municipal de Gondomar).

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura