Club de Lectura Sete Vidas publicado por

Arredor de As rulas de Bakunin

Arredor de As rulas de Bakunin


Velaquí dúas imaxes da sesión do Sete Vidas que celebramos esta semana. Á xuntanza, coordinada por Bieito Legaspi, asistiron 12 persoas que compartiron impresións tras a lectura da novela de Riveiro Coello.
En xeral, todos os participantes valoraron a calidade da obra, salientouse a forza da historia, a vontade de estilo, a orixinalidade do tratamento do anarquismo dentro da literatura galega, a metáfora do libro e a palabra como elementos liberadores…
Tamén se debatiu arredor da concepción das personaxes femininas, así como do papel das mulleres e o grao de asunción dos postulados feministas dentro dos movementos libertarios da época.
A sesión do martes 3 febreiro estará coordinada por Fran Alonso que propuxo a novela Como se non existise, de Slavenka Drakulic, publicada por Xerais.

Facebook Twitter Digg Email

1 Comment

  • A historia de amor e tolemia da tía do protagonista, Lola, é un dos sub-argumentos que máis me tocou o corazón; pero o libro enteiro é unha delicia. Nótase que cada palabra está moi pensada, e buscada e incríblemente encaixada nas frases. Hai música, vida e un traballo de campo incrible por detrás de casa historia de “As rulas…”

    Un pracer, espazo lectura, poder visitarvos e comprobar nunha viaxe polas vosas letras e imaxes todo canto facedes por esa biblioteca.

    Un bico grande e saúdos para tódolos meus “bibliotecarios” de Gondomar.

    Chus (Remoldiño)

    😉

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com