A Portada publicado por

Arte e danza para a IX Noite na Biblioteca

Arte e danza para a IX Noite na Biblioteca

O grupo Pesdelán participará na actividade organizada por Espazo Lectura, na que uns 30 nenos e nenas durmirán na biblioteca de Gondomar

Na noite do sábado 21 ao domingo 22 de maio a asociación cultural para o fomento da lectura Espazo Lectura organiza na Biblioteca Municipal de Gondomar a IX Noite na Biblioteca, con actividades que este ano estarán dedicadas á arte e a danza. Durante esa noite, a Biblioteca se converterá nun museo e o grupo Pesdelán porá a nota musical cun espectáculo de música e baile no que a diversión irá da man do coñecemento de diversas danzas do repertorio galego-portugués.
Os nenos e nenas que se inscribiron chegarán á biblioteca ás 21:30h e participarán en diferentes actividades nas que as artes plásticas farán de fío condutor. Despois asistirán ao espectáculo de danza. Xa pola mañá, verán o resultado das súas obras e almorzarán á espera de que as familias pasen a recollelos.
Os nenos e nenas inscritos na actividade deben traer saco de durmir e pixama, ademais de moitas ganas de divertirse e de pasalo ben lendo e xogando con todas as actividades propostas. Para a organización desta Noite contarase tamén coa inestimable colaboración do Comando Le, o grupo de activismo cultural pertencente á Asociación e que integran mozos e mozas de entre 12 e 16 anos.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura