Actividades publicado por

As actividades volven despois do verán

As actividades volven despois do verán

As actividades de Espazo Lectura volven despois do verán: o Contomar o luns día 1 de outubro, o club Sete vidas o martes 2, a Casa da Lectura o mércores 3, o club Lecturas debuxadas o martes 16 e o club Lendo contigo o sábado 27 de outubro. En agosto estamos de vacacións e en setembro andaremos xa preparando a posta en marcha da nova tempada de actividades 2012-2013, na que esperamos seguir contando co apoio e a participación de todas as persoas -as de sempre e as novas- que queiran achegarse ao proxecto de Espazo Lectura para compartir tempos e espazos para a lectura, tanto a través da nosa programación infantil como da de adultos.

Por se vos apetece aproveitar o verán para ir adiantando lectura, lembrámosvos os títulos cos que abriremos a próxima tempada. No club Sete vidas do 1 de outubro falaremos de Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello, publicado pola editorial Galaxia, nunha sesión na que teremos a oportunidade de conversar co autor. O club Lecturas debuxadas do 16 de outubro xirará arredor do cómic Cabana de Balieiros, publicado por Demo Editorial. O seu autor, Tokio, tamén estará na sesión para conversar cos asistentes. Convidados quedades para estas dúas citas da próxima tempada! Que teñades boas vacacións e boas lecturas…

Facebook Twitter Digg Email

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *