A Portada publicado por

As formigas invaden o Lendo Contigo

As formigas invaden o Lendo Contigo

Este sábado 31 de xaneiro, celébrase a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. A lectura que lemos nesta ocasión é Formigas. Misión París, o primeiro volume da serie “Formigas” creada polo escritor Pere Tobaruela e o ilustrador Andrés Meixide e publicada por Edicións Xerais.

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. “Misión París”, leva os FORMIG4S á capital de Francia. O caso empeza no cemiterio Père Lachaise. Alí hai unha escena do crime sen cadáver. A vixilante do enorme e labiríntico cemiterio parisiense asegura que viu como uns homes sinistros dispararan a unha rapaza e esta desapareceu!

A actividade comeza ás 12:00 horas na Biblioteca de Gondomar e contará coa presenza do autor Pere Tobaruela.

Na sesión do mes pasado recibimos a visita de Jacobo Fernández Serrano, que nos viu falar das aventuras de Marcopola, estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura