Asamblea Espazo Lectura o sábado 19 de setembro

Hoxe, sábado 19 de setembro, Espazo Lectura celebrará tanto a súa asemblea Xeral Ordinaria como unha Asemblea Xeral Extraordinaria na que se elixirá unha nova Xunta Directiva que, inicialmente estaban previstas para o 14 de marzo e tiveron que ser adiadas pola COVID-19.

Nesta ocasión non se celebrarán, como vén sendo habitual, na Casa da Lectura xa que non hai aforo suficiente no interior e as condicións meteorolóxicas non van permitir que se poida facer no exterior do recinto. Así que a reunión terá lugar no Centro Cultural de Vincios (Piñeiro 22) ás 11:00h en primeira convocatoria e a partir das 11:30h en segunda convocatoria.

Espazo Lectura anima a todos os socios e socias a participar en tan importante evento.