Convocatoria de Asemblea xeral ordinaria de Espazo Lectura

Por orde da presidenta, procédese á convocatoria dunha asemblea xeral ordinaria da asociación Espazo Lectura, que terá lugar o sábado, 9 de marzo, na Casa da Lectura sita na Nogueira, 8 (Donas -Gondomar), ás 11:00 en primeira convocatoria e ás 11:30 en segunda convocatoria, con acordo á seguinte orde do día:

 

ORDE DO DÍA

1.Lectura e, se procede, aprobación das actas anteriores.
2.- Aprobación, se procede, de altas e baixas de socios.
3.- Informe de actividades do ano 2012.
4.- Informe económico do ano 2012.
5.- Proposta de actividades e de orzamento para o ano 2013.
6.- Informe sobre o Museo do conto.
7.- Varios.
8.- Rogos e preguntas.
Prégase a asistencia.

 

DÍA: Sábado, 9 de marzo de 2013

HORA: 11:00 horas, en primeira convocatoria, e 11:30 horas, en segunda convocatoria.

LUGAR: Casa da Lectura. Nogueira, 8 (Donas). 36388 Gondomar.