Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria

Este sábado 3 de marzo Espazo Lectura celebrará a Asembela Xeral Ordinaria da asociación e a continuación unha Extraordinaria. Reproducimos a convocatoria enviada a todas as persoas asociadas.
Por encomenda da Presidenta de Espazo Lectura convócase a Asemblea Xeral Ordinaria da asociación e a continuación unha Asemblea Xeral Extraordinaria, ambas as dúas o mesmo día e ambas as dúas na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas, Gondomar).
Asemblea Xeral Ordinaria celebrarase o sábado 3 de marzo de 2018, a partir das 11:00h en primeira convocatoria e a partir das 11:30h en segunda convocatoria, no lugar indicado, coa a seguinte
 ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, de dúas actas anteriores.
2.- Aprobación de baixas e novas altas.
3.- Remodelación da Xunta Directiva e do Consello Operativo.
4.- Modificación do Regulamento de Réxime Interno.
5.- Presentación de actividades.
6.- Memoria económica de 2017.
7.- Proposta de actividades e orzamento para o ano 2018.
8.- Varios.
9.- Rogos e preguntas.
 

Asemblea Xeral Extraordinaria celebrarase tamén o sábado 3 de marzo de 2018, a partir das 13:15h en primeira convocatoria e a partir das 13:45h en segunda convocatoria, no lugar indicado, cun punto único na

 ORDE DO DÍA

1. Aprobación da remodelación da Xunta Directiva.