Condicións xerais de uso

Este Aviso Legal regula a política de privacidade, propiedade e licenzas dos contidos e limitacións de responsabilidade que constitúen as Condicións de Uso do sitio web https://www.espazolectura.org, que a asociación Espazo Lectura, con domicilo en Casa da Lectura, Nogueira 8, 36388, Donas, Gondomar, e con CIF G27713858, representada pola súa presidenta Concha Costas Fernández, con NIF 36076839M, pon a disposición das persoas usuarias de Internet. Nese sentido, as presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de Espazo Lectura por parte dos usuarios/as que acceden a el.

O acceso e utilización dos contidos deste sitio web supón a aceptación destas condicións xerais.

01. INFORMACIÓN XERAL E CONDICIÓNS DE USO

En cumprimento da Lei de Servizos da sociedade da información e comercio electrónico infórmase que a entidade titular do sitio web é a asociación Espazo Lectura, con domicilio social na localidade de Gondomar, parroquia de Donas e rúa Nogueiras 8. A asociación Espazo Lectura consta no Rexistro Central da Consellería de Presidencia co número 11691, sección 1ª, con data do 6 de maio de 2008.

A utilización do sitio web de Espazo Lectura non conleva a obrigatoriedade de inscrición do usuario/a. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o usuario/a a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: propiedade intelectual, dereito á intimidade, protección de datos etc. Xa que logo, queda prohibido expresamente realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través deste por calquera medio calquera tipo de danos aos sistemas do propietario ou a terceiros. Tamén queda prohibido expresamente realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de xeito encuberto, o envío de correos masivos (spaming), ou o envío de grandes mensaxes co fin de bloquear os servidores da rede (mail bombing).

O propetario poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, á boa fe ou ás presentes condicións xerais.

02. PROPIEDADE INTELECTUAL E CONTIDOS

A asociación Espazo Lectura posúe dereito de uso dos contidos desta web (incluíndo, entre outros, logotipos, gráficos, animacións, imaxes e textos), pero non a súa propiedade intelectual. Por iso, a asociación Espazo Lectura só autoriza expresamente a reprodución para uso privado destes contidos. Esta autorización non inclúe a reprodución, total ou parcial, a utilización ou transformación dos devanditos contidos, cando sexa con finalidade comercial ou lucrativa ou contraria á lei, moral ou orde pública, que puidese lesionar os intereses, prexudicar a imaxe da asociación Espazo Lectura ou de terceiros lexítimos, que constitúan competencia desleal ou, en xeral, en contra do disposto nestas Condicións de Uso. Calquera outro uso debe ser previamente consultado coas persoas responsables da Asociación.

Os contidos elaborados nesta web son elaborados e incluídos pola asociación Espazo Lectura, empregando fontes internas e externas, de tal xeito que a asociación só se fai responsable dos contidos elaborados de xeito interno. A asociación tampouco se responsabiliza do correcto funcionamento dos enlaces a sitios web de terceiros que figuren en espazolectura.org. O usuario/a faise responsable das opinións e contidos introducidos nos foros postos á súa disposición no sitio web.

Queda expresamente autorizado o establecemento por parte de terceiros de ligazóns a esta páxina web, sempre que estas ligazóns non teñan finalidade comercial nin lucrativa. O establecemento de ligazóns por parte de terceiros non implica a existencia de ningún tipo de asociación entre eles e a asociación Espazo Lectura.

03. PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento da Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que por medio deste sitio web se recollen datos de carácter persoal necesarios para a xestión dalgúns dos nosos servizos. Estes datos serán gardados nun ficheiro propiedade da asociación Espazo Lectura, coa finalidade de responder á súa consulta, suxestión, información ou prestación do servizo solicitado. Fóra dos casos legalmente establecidos, os seus datos non serán comunicados nin cedidos a terceiros sen o seu consentimento expreso. En calquera momento o usuario pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación ou cancelación en relación cos devanditos datos dirixindo a súa solicitude a través da sección de contacto de Espazo Lectura.

04. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE

Os contidos deste sitio web ofrécense cunha finalidade informativa e divulgativa. A asociación Espazo Lectura exímese de calquera responsabilidade, directa ou indirecta, que puidese derivarse do uso ou aplicación da información desta web fóra dos seus propósitos.

A través do sitio web, Espazo Lectura pon a disposición das persoas usuarias servizos gratuítos e de pago ofrecidos por terceiros alleos e que se rexerán polas condicións particulares de cada un deles. Espazo Lectura non garante a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros e queda expresamente exenta de todo tipo de responsabilidade polos danos e perxuízos que poidan derivarse da falta de exactitude destes contidos e servizos.

As ligazóns ou contidos de terceiros que aparecen neste sitio web facilítanse coa finalidade de ampliar a información. A súa inclusión non implica a aceptación destes contidos, nin a asociación de Espazo Lectura cos responsables das devanditas páxinas web, polo que se rexeita toda responsabilidade en relación con estes, así como polos danos que puidesen causarse por calquera motivo no seu sistema informático, documentos ou ficheiros.

Malia tomar todas as precaucións necesarias, a asociación Espazo Lectura non pode garantir a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á web ou ao seu contido, nin que este se atope en actualización permanente, sen imprecisións ou inexactitudes. Espazo Lectura levará a cabo, tan pronto teña noticia dos erros, desconexións ou falta de actualización, todos aqueles labores tendentes a emendar ditos erros, restablecer a comunicación e actualizar os contidos, sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución.

05. MODIFICACIÓNS E ACTUALIZACIÓNS

A asociación Espazo Lectura resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida neste sitio web, da configuración, dispoñibilidade e presentación desta, así como das presentes Condicións de Uso.

06. XURISDICIÓN E LEI

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda a controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Vigo, renunciando expresamente o usuario/a a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. Espazo Lectura poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará e ningún caso a renuncia a estes agás recoñecemento expreso por parte de Espazo Lectura.