Bailamos nas nubes na Casa da Lectura

Este mércores, 12 de novembro, a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura estará inspirada no álbum Bailar nas nubes de Vanina Starkoff, un conto sobre o perseguimento dos soños. A sesión comeza ás 18:00 horas e dende as 17:30 atenderase o servizo de préstamo.

Estas fotos recollen varios momentos da sesión da semana pasada, cando creamos paxaros e peixes voadores.