Bailamos nos contos, no Contomar

Este luns, 9 de marzo, ás 18:00 h, a Biblioteca de Gondomar acolle unha nova sesión do Contomar. Estas son algunhas das historias que escoitaremos: Bailar nas nubes, A avoa adormecida, Kofu e Pipu e Gatiño e a neve.

O luns pasado recibimos a visita dun grupo de mestras do CEIP Serra Vincios, socio protector de Espazo lectura, que nos relataron “O ciclo da vida” a través dos contos Pilú, pilú; Xaime e as landras e A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Compatiron esta experiencia con nós arredor de 45 nenos e nenas, acompañados dos seus familiares. Estas son as imaxes dese día.